Skip to main content
Cervantes

O PP de Cervantes presenta un proxecto de “colaboración cos veciños e apoio ás actividades económicas”

Por 13 Maio, 2023Sin comentarios

Os populares inician a campaña cunha reunión con empresarios e autónomos á que asiste María Jesús Lorenzana e coa súa participación na Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña.

O PP de Cervantes empeza a campaña electoral cara ao 28 de maio escoitando as necesidades dos pequenos empresarios e autónomos do municipio e continuará apoiando ao principal sector económico do municipio asistindo á Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña na que participará o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda. Os populares amosan así o seu proxecto de traballo para o goberno local: “o da escoita e colaboración cos veciños e apoio ás actividades económicas do municipio” porque “só entre todos, e cos pés na terra, construiremos un Cervantes con futuro”.

Así o manifestou o candidato á alcaldía, Óscar Fernández, durante unha reunión con representantes do tecido empresarial á que asistiu a responsable de Promoción do Emprego e Igualdade do Goberno galego, María Jesús Lorenzana, que explicou algunhas das medidas da Xunta en apoio ao emprendemento; así coma a estratexia de formación especializada para os distintos sectores con demanda de persoal cualificado. Igualmente, Lorenzana destacou a candidatura de Óscar Fernández como “un grupo de mulleres e homes cargados de ilusión e boas propostas para impulsar o crecemento de Cervantes nos próximos catro anos”.

O desenvolvemento económico e as oportunidades laborais son unha das prioridades do Partido Popular de Cervantes e así o recolle o seu programa electoral con medidas de asesoramento, de apoio á creación de emprego a través de axudas ao emprendemento e campañas de promoción do comercio e de impulso ao principal sector económico -a gandería- potenciando os produtos locais e desenvolvendo un plan de pastos co triplo obxectivo de mellorar a produtividade gandeira, a silvicultura e como mecanismo contra incendios.