Skip to main content
Lugo

Maite Ferreiro anuncia que este ano os grupos de Lugo estarán no San Froilán

Por 5 Maio, 2023Maio 6th, 2023Sin comentarios

A concelleira de Cultura presidiu a primeira xuntanza da Comisión de Festas de cara á organización das festas de 2023.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presidiu esta mañá a primeira xuntanza da comisión de festas deste ano, comezando o traballo da área de Cultura de cara á organización do San Froilán 2023. A concelleira de Cultura declarou que , “comezamos xa a traballar xa na edición 2023 do San Froilán, unha festa na que as agrupacións artísticas e culturais de Lugo terán o protagonismo”.

A área de Cultura traballará para cubrir os postos pendentes no recinto feiral, e nos vindeiros días publicaranse as bases para escoller o cartaz das festas.

Ferreiro afirmou que “estamos a comezar xa cos trámites administrativos das festas que terán lugar en outubro”. A concelleira de Cultura presentou os avances realizados á comisión de festas, que está composta por 8 integrantes, 3 en representación do grupo municipal Socialista, 2 do Popular, 2 do Bloque Nacionalista Galego e 1 en representación de Ciudadanos, ademais do xefe de Servizo de Cultura, que actúa como secretario da Comisión.

Matrícula na escola municipal de música

Maite Ferreiro anunciou que se veñen de aprobar as bases que rexerán o procedemento de matrícula na Escola Municipal de Música. A Escola oferta materias para alumnado de diferentes idades nas modalidades de música e movemento (para menos de 4 e 5 anos), formación básica (para 6 e 7 anos), linguaxe musical (de 8 a 16 anos) e linguaxe para personas adultas. Ademais, ofértanse clases de clarinete, saxofón, fagote, tuba, trompeta, trombón gaita, piano e percusión. A Escola Municipal de Música oferta tamén formación para persoas adultas, informática musical e improvisación

O prazo de matrícula estará aberto desde o día seguinte da publicación das bases no BOP ata o 1 de xuño, e a información poderá consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica.