Skip to main content
Lugo

A Deputación inviste na mellora da estrada de Carballido a Poutomillos

Por 6 Maio, 2023Maio 7th, 2023Sin comentarios

A voceira provincial socialista, Pilar García Porto, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación por un importe de 120.000€ das obras de mellora da estrada provincial LU-P-2903, que comunica Carballido con Poutomillos por Santalla de Bóveda, no concello de Lugo.

As obras, que afectarán ao treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 5,7 e 7,7, consistirán na reapertura das cunetas, eliminando a vexetación e os aterramentos, na limpeza e drenaxe, tamén nos pasos salvacunetas para garantir a evacuación das augas; no saneamento de varios blandóns do firme; na pavimentación con aglomerado en quente; e na sinalización mediante marcas viais reflexivas brancas.

A adxudicataria da obra é a empresa OVISA Pavimentos e Obras SLU, que terá un prazo de 2 meses para acometer os traballos.

Con esta actuación, explicou a Voceira socialistas do Goberno, a institución provincial “mellora a comunicación de varias parroquias de Lugo, do Camiño de Santiago e dunha das xoias romanas máis descoñecidas da provincia, como é o Santuario de Santalla de Bóveda, datado entre os séculos II e IV”.

Ademais, sinalou García Porto, esta vía enlaza coa estrada provincial LU-P-2901, que une Lugo e Guntín, á altura da parroquia lucense do Burgo, na que a Deputación está levando a cabo a renovación do firme cun investimento de 350.000€.