Skip to main content
Lugo

A AECC saca o xoves ás rúas as súas mesas de peditorio

A asociación Española Contra o Cáncer (AECC) inicia este xoves unha acción para seguir aumentando a supervivencia a esa enfermidade.

Dará comezo o tradicional peditorio, día no que a asociación sae ás rúas da capital para recaudar fondos para a investigación oncolóxica e para o apoio a pacientes e familiares. Este día celébrase cada ano o segundo xoves de cada mes de maio, coñecido como Día da Cuestación.

Actualmente a AECC apoia a máis de 1.000 investigadores en 525 proxectos abertos que investigan o cancro por un total de 92 M€, manténdose como a entidade que maior impulso dá á investigación oncolóxica.

A Asociación Española Contra o Cancro celebra o Peditorio en Lugo o xoves de 10:00 a 14:00 h con 21 mesas e con máis de 100 persoas voluntarias repartidas en distintos puntos da cidade. Ademais, tamén se pode contribuír con BIZUM co código 06492.