Skip to main content
Lugo

Candia quere utilizar o potencial enerxético do biogás a partir de augas residuais da EDAR

Nunha mesa de traballo con expertos en medio ambiente a alcaldable do PP, Elena Candia, presentou unha batería de medidas e proxectos de aforro enerxético que irán da man do desenvolvemento sostible e económico da cidade co obxectivo de utilizar o potencial enerxético do biogás a partir de aguas residuais da EDAR.

A alcaldable manifestou que hai fondos europeos para levar a cabo proxectos útiles para fomentar enerxía renovable nos edificios e instacións municipais. Elena Candia avanzou que se chega á Alcaldía formulará proxectos piloto que nos permitirán reducir a pegada medioambiental das instalacións municipais, co obxectivo de estendelos posteriormente ao resto de dotacións do Concello.

A candidata propón impulsar proxectos municipais de aproveitamento de biogás, que o goberno local paralizou pese a ter financiamento europeo, apuntando como prioritaria unha proposta para transformar o gas que sobra na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) para a súa posterior inxeción nun punto cercano á rede de distribución de Gas Natural.

Este proceso se podería ampliar para tratar os residuos de industrias agro alimentarias da contorna da EDAR así como tamén os residuos orgánicos da recollida do lixo unha vez posto en marcha o colector marrón.

Ao volcarse na rede e comercializarse o gas traduciríase nun importante aforro económico xerando ingresos ás arcas municipais e ademais favorecería a redución de emisións a atmosfera e trataríanse máis residuos urbanos.

A popular tamén avoga por reutilizar a auga da EDAR para manter o caudal ecolóxico do río en épocas de sequía e para bombear auga aos depósitos de Garabolos para reutilizala para o rego, para o baldeo de rúas, asi como para procesos industriais que non precisen de auga potable. Estamos a falar dun sistema xa instalado hai 10 anos que segue sen estrenar.

ILUMINACIÓN PÚBLICA

A popular tamén quere optar aos fondos europeos para que o 100% da iluminación pública sexa de baixo consumo e tecnoloxía led, apostando tamén en certas zonas pola instalación de detectores de presenza que permitan modificar a intensidade lumínica en función da presenza de vehículos e persoas na zona.

Para reducir o consumo de auga nos edificios municipais propoñen instalar dispositivos de aforro de auga así como a mellora da rede de subminsitro e campañas de concienciación para reudicr o consumo de auga en fogares e empresas.

Candia tamén avanza que estudará a viabilidade de poñer en marcha as turbinas da Fábrica da Luz para produción de enerxía para o autoconsumo. Para impulsar este proxecto habería que recuperar a concesión de explotación hidráulica, e instalar as turbinas feitas a medida (que só valen para ubicar neste espazo) que custaron 700.000€ e que están depositadas nunha nave do Corgo pola que pagamos un aluguer mensual dende marzo de 2022 de 1.400 euros (19.600 € dende marzo de 2022).

“Hai que lembrar que pola mala xestión dos gobernos do PSOE e do BNG con este edificio público, situado nun lugar emblemático que leva case 25 anos abandonado, tivemos que pagar 2,4 millóns de € de indemnización á empresa concesionaria”, dixo.