Skip to main content
Lugo

A concelleira de Participación visita o mercado de Frigsa o día que foi adiado

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou o Mercado de Frigsa, que non se puido celebrar na súa data habitual debido á visita real. Cristina López destacou “a boa acollida por parte da veciñanza e dos profesionais do mercado malia o adiamento do mesmo”.

“Os mercados son para nós un piar estratéxico para a economía”, afirmou Cristina López, que engadiu “o mercado de frigsa é un exemplo do comercio de proximidade, unha iniciativa que está chamada a ser un dos piares da nosa economía”.

A concelleira de Participación lembrou que “desde o Goberno de Lugo continuamos a promocionar os distintos mercados do Concello para facilitar que toda a veciñanza opte por realizar as súas compras nestas datas e poidan desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes”.