Skip to main content
Lugo

A librería Trama acolle a presentación de ‘A monxa e o grumete’ este venres

A librería Trama acolle este venres 12 de maio ás 19.00 a presentación A monxa e o grumete, do autor Xulio Pardo de Neyra.

O libro conta a historia de como Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun relato propiamente rescatado da memoria familiar, estritamente baseada en feitos reais, agás naqueles fragmentos e imaxes que non o son.

Unha crónica da Galicia rural e escura dos comezos da Idade Moderna, unha analítica das febres das persoas e un apañar polas estradas o anuncio da santidade duns homes, e dunha muller, que só trataron de se explicaren a través da luz do seu instinto. A traxectoria dunha monxa e un grumete que aínda serve para que edifiquemos unha illa enchida onde pór a bandeira que pinta todas as cores do arco da vella.

Na presentación o autor,  Xulio Pardo de Neyra, estará acompañado por Marica Campo, Manolo Vázquez e Xesús Trashorras.