Skip to main content
Lugo

O gandeiros volverán manifestarse cunha tractorada o xoves

Gandeiros de carne da provincia de Lugo convocan unha nova manifestación para este xoves, 11 de maio, ás 12,30 horas na cidade da Muralla, en contra de recortes na política agraria común (PAC) e os baixos prezos da Tenreira Galega Suprema en orixe.

Esta convocatoria, que parte do colectivo Gandeiros Galegos da Suprema, tamén busca dicir non aos “excesivos prezos” nos custos de produción e exponse ante a “problemática da convivencia” co lobo e a fauna silvestre.

Gandeiros Galegos da Suprema defínese como un colectivo de gandeiros cárnicos na provincia de Lugo que produce e vende “carne de calidade”, para o que esixe “un prezo xusto” para poder “vivir dignamente”.

Esta nova concentración xa foi anunciada hai dúas semanas, trala celebración da primeira, que paralizou a cidade. Desde ese día, un retén de gandeiros mantense diante do edificio administrativo da Xunta para manter viva a protesta.

A marcha na que circularán tractores partirá ás 12,30 horas do polígono industrial de As Gándaras e chegará á Ronda da Muralla, ante o edificio da Xunta. Despois haberá un percorrido a pé desde este último punto, a partir das 13,00 horas, polo centro da cidade.