Skip to main content
Lugo

O Vello Cárcere acollerá unha charla informativa para o control de pragas

Por 11 Maio, 2023Sin comentarios

O Vello Cárcere acollerá unha charla informativa para o control de pragas. A actividade terá lugar este venres 12 de maio a partir das 12 da mañá e estará impartida polo técnico de control de pragas e asesor (ROPO) en manexo integrado de pragas, Lolo Andrade.

A charla versará en torno á velutina, o picudo vermello, e ás pragas de España e Galicia en xeral. Na mesma falarase de hábitos e características biolóxicas, así como de aspectos prácticos para evitar que proliferen e cheguen a converterse nunha ameaza para a saúde.

Con esta xornada, gratuíta e aberta á cidadanía, organizada por Protección Civil en colaboración co Concello de Lugo, o Executivo de Lara Méndez pretende que os participantes saiban cómo e cando actuar e buscar solucións ante as diferentes manifestacións destas especies.

Na mesma, todos os asistentes recibirán como agasallo unha trampa reutilizable de velutina e líquido atraínte sen insecticida formulado para non atraer ás abellas.