Skip to main content
A PastorizaDeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXALugo

O pastoricense José Bouso entra na dirección da Sociedade Ximnástica Lucense

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

O pastoricense José Bouso Alvite (nado en Bretoña en 1953) é o novo membro da Xunta Refundadora da Sociedade Ximnástica Lucense.

Actualmente, é empresario do sector da construción e foi o vixésimo segundo presidente do Club Deportivo Lugo, cargo que exerceu dende o ano 2004 ata o 2015, sendo substituído por Tino Saqués.

O ex presidente do CD Lugo, José Bouso, incorpórase ao club e traballará de xeito conxunto con Manuel Ángel Calzón para “facer un club transparente e dos socios, e o obxectivo de subir ao equipo á cota máis alta posible”.

Nos próximos días informarase de data e lugar de asemblea informativa para explicar todo o proxecto conxunto para todos os lucenses.