Skip to main content
Lugo

O Goberno de Lugo colabora coa iniciativa solidaria de Alucem e Óscar Domínguez

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

A Tenencia de Alcaldía do concello de Lugo colabora coa asociación Alucem na organización das 48 horas solidarias que desde a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple se organizan para dar visibilidade á enfermidade e ás actividades da propia asociación.

O corredor lucense de ultrafondo, Óscar Domínguez, correrá arredor da muralla durante 48 horas, entre as 11:00 do venres 26 e as 11:00 do domingo 28. A actividade está aberta á participación da veciñanza, que poderá participar camiñando ou correndo pola muralla no momento que o desexe.

As persoas que desexen participar deben inscribirse previamente. A información pode obterse a través da web e das redes sociais de Alucem.