Skip to main content
Lugo

A pianista luguesa Andrea Vilar ofrece este luns un concerto na Casa do Saber

Por 21 Maio, 2023Sin comentarios

A pianista luguesa Andrea Vilar López ofrece este luns 22 de maio, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, un concerto no marco do ciclo ‘Na Calzada’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.

A artista rabandese, que na actualidade compaxina a súa formación en Budapest cun doutoramento en Música na Universidade de Aveiro, iniciouse na música no conservatorio da súa  cidade para logo acadar título superior con honores  na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC), en Barcelona, co profesor Jordi Camell. Durante este tempo, Andrea Vilar López recibiu o Premio Extraordinario ás Ensinanzas Artísticas, un galardón outorgado pola Xunta de Galicia.

Vilar Lopez perfeccionou as súas competencias artísticas en Madrid co profesor Kennedy Moretti, para logo completar un mestrado en investigación musical na Universidade Internacional de Valencia. Desde setembro de 2021, Andrea Vilar fórmase na Academia Franz Liszt de Budapest co maestro András Kemenes.