Skip to main content
Lugo

Lugo: O que propoñen os partidos

Por 21 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

Este ano esperan repetir representación PSOE, PP, BNG e Cs mentres que Vox, Podemos-EU, UCIN e Contamos buscan estrearse.

PSOE

A falta de presentar oficialmente o programa electoral, a alcaldesa Lara Méndez que presentou ao seu equipo para revalidar a Alcaldía de Lugo apoiada por máis de 700 veciños e veciñas na praza Agro do Rolo, fixo xa un esbozo do que serán as súas liñas xerais para a próxima lexislatura, comezando pola “importancia da segunda transformación que se está a levar na cidade e a súa dinamización no eido económico, innovador e de emprendemento”.

Destacou a candidata que neste mandato ocupáronse do importante e do urxente asentando as bases da recuperación social e económica da cidade dos vindeiros anos e avanzando na segunda transformación de Lugo, “unha das claves do meu compromiso como alcaldesa, que se articulou desde todas as áreas de Goberno”.

Lara Méndez aposta por un novo modelo urbanístico, social e económico coa veciñanza no centro das accións e baseado na humanización, a sostibilidade e a innovación, “que é imparable porque mellora os ratios de calidade de vida”.

Méndez mantén nos primeiros postos a gran parte do seu equipo de Goberno: “Están os mellores e temos que continuar aproveitando a súa demostrada valía e experiencia en xestión”.

A alcaldesa destacou que “o fondo coñecemento do municipio e dos seus problemas e o amor por Lugo son claves para seguir traballando no seu crecemento”.

“Temos xa aos mellores e con eles debemos continuar”, sostivo, e avanzou, así mesmo, unha importante renovación no resto da lista, persoas moi preparadas, ilusionadas e comprometidas, que representan a pluralidade de Lugo”. “Sen dúbida, un equipo gañador”, concluíu.

A lista incidiu, “está integrada por lucenses de idades diversas, da contorna rural e urbana, procedentes do sector privado e do público e gran coñecedores da realidade dos distintos barrios e parroquias”. Así mesmo, a rexedora incidiu en que “a todos os e as que formamos esta lista únenos o amor polo noso municipio”, e engadiu que “o fondo coñecemento de Lugo e das súas necesidades, así como o amor pola nosa cidade son claves para seguir traballando intensamente no seu crecemento, para que sexa un Lugo diverso, máis xusto socialmente, máis inclusivo, accesible, ecolóxico, con valores feministas e integradores”.

BNG

Na presentación da candidatura do BNG, liderada por Rubén Arroxo, fíxose un resumo das principais liñas a seguir en próximas lexislaturas así como unha valoración das accións levadas a cabo ata o de agora, “logo de ter sido o motor das grandes transformacións levadas a cabo na cidade”.

“Os feitos dinnos claramente que Lugo é hoxe unha cidade mellor grazas ao enorme traballo de Rubén e de todo o equipo que o acompaña; dinnos que Lugo é unha cidade máis humanizada, onde as persoas ganaron terreo aos coches, recuperando espazos públicos para darlle máis poder á xente; onde os nenos e as nenas van máis seguros aos centros escolares”, argumentou.

Afondando nos logros, destacou que grazas ao traballo do BNG, “Lugo é agora máis sustentable, máis verde, con máis eficiencia enerxética; con mellores infraestruturas e equipamentos nos barrios, con mellor calidade de vida”. A acción do goberno do Bloque tradúcese nunha urbe con dinamismo cultural, cunha programación plural, diversa, que aposta polo inmenso talento do país e con orgullo da lingua e cultura propias, destacan.

Rubén Arroxo destacou que o Bloque “cumpriu co 95% do programa” co que se presentou, “impulsando desde o Goberno municipal o cambio real”. De feito, destacou “a rehabilitación de espazos como A Mosqueira, Quiroga Ballesteros ou as rúas do barrio de Recatelo”, incidindo na peonalización de quince rúas e espazos públicos. Nesta liña, destacou “a creación de vieiros escolares e zonas seguras nas contornas educativas, con pasos elevados para peóns e elementos de calmado do tráfico”.

Arroxo tamén puxo en valor as melloras nos barrios, así como as medidas impulsadas para conseguir unha urbe máis verde coa implantación de iluminación LED en grande parte da cidade.

A aposta polo comercio local foi outra das liñas de traballo, que se plasmou na renovación da praza de abastos e do mercado municipal, promovendo o consumo dos produtos de proximidade, facilitando a xeración de riqueza e emprego.

Rubén Arroxo puxo en valor a política cultural impulsada polo BNG, enchendo de contido creativo espazos como o Vello Cárcere, o Auditorio Gustavo Freire ou as salas da Rede museística municipal, trasladando a cultura ao espazo público con murais, esculturas e poesía na rúa para facilitar a socialización da cultura. Ao que se suma o éxito do San Froilán e de eventos populares como a cabalgata de Reis ou o Apalpador.

A defensa dos servizos públicos e de infraestruturas esenciais para a cidade, como un tren digno a Lugo, foron sinais de identidade do BNG, que tamén defendeu o espazo que rodea o río Rato “contra un invasivo trazado da rolda Leste”, destacou Arroxo.

PARTIDO POPULAR

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, apadriñou a candidatura de Elena Candia, formada por un grupo de lucenses con diferentes perfís profesionais. “Trátase dun equipo plural, onde atopamos técnicos (enxeñeiros, arquitectos), persoas con experiencia na xestión de fondos europeos (economistas), vinculadas ao sector médico, empresarios de servizos sociais, da docencia, sociólogos, do sector da hostalaría, xubilados, estudantes, así como outros vinculados ao movemento asociativo”, di a aspirante á Alcaldía.

A candidatura da alcaldable representa “á sociedade actual e ten un importante compoñente territorial, xa que incorpora a veciños de todos os barrios e parroquias.

A candidatura de Lugo é unha lista moi renovada: nos 13 primeiros postos hai 10 caras novas con respecto ao equipo do ano 2019.

Elena Candia iniciou dende o seu nomeamento un intenso traballo de precampaña para achegarse a todos os ámbitos da sociedade e presentar as bases do seu programa de traballo, composto por dez puntos divididos en tres grandes eixos.

Aposta Candia pola conciliación con máis escolas infantís, ociotecas e ludotecas en polígonos e barrios e o impulso de servizos e infraestruturas de formación, ocio e deporte con programas para a mocidade e a creación dun novo polideportivo municipal. Na procura do Benestar aposta pola asistencia integral a persoas usuarias e coidadoras: centros de respiro, programa de apoio e centros de día e conseguir eliminar a lista de agarda en servizos como o de Axuda no Fogar.

Sobre o tráfico apostan por máis prazas de aparcamento, modificar o trazado do carril bici, reorganizar o tráfico e as liñas de autobuses e deseñar novos espazos verdes; máis Policía Local na rúa, unha nova oficina no norte e instalación de cámaras de videovixilancia en zonas conflitivas.

Refírese tamén a accións creativas cunha programación cultural de calidade, participación colectiva que permita xerar emprego e potenciar o patrimonio, sen esquecer a apertura do auditorio de Magoi. Aposta tamén para o rural por auga, saneamento, telefonía móbil e fibra óptica nas 54 parroquias, mellora das pistas e un servizo de taxi a demanda.

No relativo a emprego Candia leva a creación dun polo de Emprendemento no centro da cidade, plans de formación específicos para xente moza e ofrecer licenzas de obra maior no prazo dun mes e bonificación de taxas municipais de licenzas de obra. Afirman que suprimirán a plusvalía e farán a rebaixa do IBI.

CIUDADANOS

Olga Louzao e Juan Vidal-Pardo foron os encargados de presentar a lista coa que concorren ás próximas eleccións municipais.

“Temos o privilexio de contar cunha lista da que sentimos moi orgullosos. Trátase dun grupo de persoas que transmiten ilusión en cada acción que levan a cabo. Esforzámonos en preservar o capital político deste grupo, algo que nos custou un serio esforzo, para evitar que outros partidos intercedan nesta nova candidatura, como sucedeu con Juan ou comigo”, sinalou a alcaldable pola formación liberal.

“É un lista que mana da sociedade civil para a que apostamos por xente que provén do auténtico movemento veciñal xurdido na cidade nos últimos anos e que ten ganas de que en Lugo póidase producir un cambio real. Tamén por autónomos e traballadores que coñecen a realidade do noso municipio e que entenden a política como unha ferramenta para cambiar a situación que viven día a día nas súas actividade, así como por perfís técnicos da administración. Sen dúbida o denominador común é o compromiso con Lugo e o compromiso por cada un dos seus barrios”, destacou a candidata.

Afirman que se trata dun grupo unido no que os personalismos non existen, “só as ganas de cambiar Lugo. É tan importante o meu posto como o de calquera outro compañeiro. O que nos diferenza doutros partidos políticos é que non estamos aquí para falar de poder, estamos para falar de proxectos que melloren a nosa cidade e a calidade de vida dos lucenses.”, concluíu.

Durante este mes de abril, a formación xa foi explicando algunha das iniciativas que levarían ao goberno como a ampliación de horarios e personal na Casa da Muller, un plan para facer un Lugo 100% accesible, poñer en marcha un plan contra o ruído ou a apertura das instalacións deportivas do colexios fóra do horario escolar.

OUTROS PARTIDOS

A coalición de esquerdas, Podemos-Esquerda Unida, que dirixe a líder local da formación morada, non ten aínda presentado o seu programa pero si esbozou xa algunhas das liñas xerais do traballo que queren desenvolver.

Así, propoñen un proxecto de cidade que implica a integración da veciñanza, comercio, empresas, servizos, zonas de lecer, deportivas e de esparexemento de forma conectada e coherente, unindo o rural e o urbán e facilitando, deste xeito, que non haxa áreas degradadas e cidadáns de primeira ou de segunda, en función de onde vivan.

“O noso modelo de cidade, pasa pola compactación de Lugo, cubrindo e dando uso aos baleiros urbanos, como os que temos en barrios coma o do casco histórico ou da Milagrosa, en contraposición coas políticas urbanísticas municipais que, desde hai tempo, están a favorecer a construción en determinadas zonas máis afastadas dos núcleos poboacionais”. Así, unha das súas propostas principais é a creación dunha oficina de rehabilitación municipal. Tamén se reuniron con varios colectivos para elaborar as súas propostas.

O partido UCIN, que dirixe Mónica Ceide afirmou que ten un programa baseado en 10 puntos básicos, ligados á saúde mental dos lucenses.

“Lugo é unha das cidades españolas cun maior índice de suicidios de España, por iso a importancia de ter un programa adecuado a esta causa é primordial, para poder atallar esta secuela que leva moitas vidas ao longo do ano”.

Mónica Ceide destaca que “estes puntos principais están creados por lucenses, por persoas do pobo que viven o día a día, que coñecen os seus problemas reais e non por políticos que habitan en mundos paralelos e que pensan que o máis importante para Lugo é que estea totalmente peonalizado”.

Sonia Teijeiro é a presidencia provincial de VOX desde fai anos. Resume a súa liña de traballo asegurando que “temos, como profesionais e non políticos, unha visión máis ampla dos problemas reais dos cidadáns, respectamos a liberdade de expresión e ideoloxías de todos os colectivos e formacións, e non pretendemos impoñer as nosas ideas a ninguén”.

“Estamos convencidos de que a nosa cidade necesita un cambio importante, sen discursos políticos aos nenos na súa noite de Reyes nin partidos que vendan promesas incapaces de cumprir”.

María del Carmen González López líder da nova formación Contamos, na que hai catro listas asociadas, todas independentes e que nace cun obxectivo máis provincial.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Lara Méndez López
2. Miguel Fernández Méndez
3. Mercedes Paula Alvarellos Fondo
4. Mauricio Vitorio Repetto Morbán
5. Ana María González Abelleira
6. Jorge Bustos Atanasio
7. Olga López Racamonde
8. Ángel Pablo Permuy Villanueva
9. María Ángeles Novo Martínez
10. Waldir Sinisterra Restrepo
11. María Reigosa Castro
12. Alberto Caldeiro Pérez
13. María Eugenia Iglesias Vargas
14. Yago Atadell Martínez
15. Olimpia López Rodríguez
16. Jesús Darriba Burgo
17. Cristina Azanza Moreno
18. José Mario Castro Cuenca
19. María Carmen Santos Penas
20. Luis Fernández Álvarez
21. María Pilar Rodríguez Potente
22. Hugo Pardo-Vivero Vilares
23. Ana Belén Díaz Parapar
24. Juan José Rodríguez Gude
25. María Isabel Salazar Bello
Suplentes
1. Pablo Núñez González
2. María del Pilar Roca Núñez
3. Miguel Ángel Crende López
4. Elena Ocampo Piñeiro

BNG

1. Rubén Arroxo Fernández
2. Tareixa Antía Ferreiro Tallón
3. Alexandre Penas Roibás
4. María Cristina López Fernández
5. Felipe Rivas Jorge
6. Iria Buide Pena
7. Manuel Alberto Fernández Fraga
8. Alejandro Espiño Castro
9. Natalia Cabana Rancaño
10. José Luís Varela Piñeiro
11. Beatriz Cedrón Vilar
12. Luís Neto López
13. Beatriz López Dorado
14. María Carmen Longarela Pena
15. José Paz Fernández
16. Sandra María Sánchez Pérez
17. Pedro Guerreiro Iglesias
18. Beatriz Pérez Traseira
19. Avelino Basanta Regueira
20. Sabela López Núñez
21. Pedro Pillado García Xesto
22. María Carmen Pérez Arias
23. Francisco Ulloa Prado
24. Rexina Álvarez Prada
25. Mª Pilar Trinidad Campo Domínguez
Suplentes
1. Fátima Docío Rodríguez
2. Luís Alberto Blanco Rivadulla
3. Beatriz Jato Quintás
4. Luís Pérez Capón

PP

1. María Elena Candia López
2. Cristina Sanz Arias
3. Enrique Rozas López
4. Antonio Ameijide Osorio
5. Javier Vázquez Prado
6. Flora Rubinos Rois
7. Silvia Colmenero Guzmán
8. Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez
9. Agustín Gallego Vigo
10. Aurora Aida Goás Castro
11. Gustavo Enrique Díaz Rey
12. Maria del Mar Carballas Piñeiro
13. Damián Carballo Méndez
14. Manuel Chousa Maciñeiras
15. Águeda Valín Armas
16. Khadija Mazi Dihaj
17. Mauro Rodríguez Baliña
18. Manuel José Cortón Muinelo
19. Cristina Fernández González
20. María José Blanco Freire
21. María Carmen Fernández Álvarez
22. Santiago Amedo Ramos
23. Luis Asorey Daviña
24. José Benito Pardo López Abad
25. Reyes Costas Manzanares
Suplentes
1. Manuel Otero Méndez
2. Barbara Quintas Cuña
3. Iago Rodríguez Ulla
4. Óscar Poy Franco
5. Mª Gloria Enríquez Sanjurjo
6. Manuel Rodríguez Arias
7. Bélgica Nathalie Taveras Auyoa
8. Christian Fernández Díaz
9. María Cristina Cadorniga Vega
10. Ramón Carballo Paez

CIUDADANOS

1. María Olga Louzao Aldariz
2. Juan Manuel Vidal-Pardo García
3. Ana Belén Varela Martínez
4. José Antonio Álvarez Flores
5. Nerea Fernández Álvarez
6. José Ramón Fernández Yáñez
7. Araceli Fernández Freire
8. Julio Debasa Amieiro
9. María Paz Montes dos Santos
10. Antonio Vázquez Pérez
11. Ana Isabel Argiz Lourés
12. Víctor González García
13. Lorena Bello Currás
14. Gustavo Adolfo Calles Castro
15. María Alicia Caamaño González
16. Adrián López Bermúdez
17. María Rita Varela Pardo
18. Enrique Pereira Sienes
19. María Victoria García Vázquez
20. María Nieves Pérez Dafonte
21. Cristina Díaz Anseán
22. María de los Ángeles Vila Paz
23. María Pilar Flores Castro
24. Francisco Javier Vila Nuñez
25. Luis Benjamín Fernández Quintana

Sete candidatas e un candidato preséntase este ano a competir polos 25 asentos da Corporación luguesa, unha situación nunca vista ata o de agora.

PODEMOS EU AV

1. María Jesús Rodríguez Rodríguez
2. Ximena Cheda Tuya
3. Fernando Otero Bello
4. María Isabel Sánchez Corral
5. José Luis Díaz Gesto
6. Xoán Trigo González
7. Carla Varela Porto
8. José Luis López Álvarez
9. María Angeles Gayoso Fraga
10. Beatriz López López
11. Javier Folgueira Lozano
12. Diego López Dapena
13. Sandra Graña Moreno
14. Carmen González Magdaleno
15. Óscar López Corral
16. Iago Castro Vázquez
17. Xulio Torres Sánchez
18. Ana Fernández Fernández
19. Salvador García Cebral
20. María Reyes Rodríguez Pérez
21. María Carmen Galván González
22. Mª Carmen Asunción Cruces Artero
23. José Méndez Torres
24. Fernando Yáñez Pérez
25. Carlos Anxo Portomeñe Pérez

CONTAMOS

1. María Carmen González López
2. Carlos Ramón Ouro Núñez
3. Carmen Río Mourín
4. Manuel A. Fernández Fernández
5. José Manuel Núñez Ferreiro
6. Francisco Villanueva González
7. Luis Freijo Carballo
8. Xaime Manuel Requeixo Souto
9. María Consuelo Núñez Castro
10. Ana María Pereiro Mourelo
11. Pablo Otero Pérez
12. Juan Jesús Rozas Neira
13. José Valle Valcárcel
14. Montserrat García Goyanes
15. María Luz Ramil Arias
16. Bruno Argerey López
17. Hugo Martínez Arias
18. Alberto Fernández Lapido
19. Julia Fernández Prados
20. María Cristina Núñez Díaz
21. María Dolores Cabanas Muñiz
22. Dionisio López Fernández
23. Florentino Piñeiro Vázquez
24. Pilar Martínez Caballero
25. María Cristina Pérez Herraiz
Suplentes
1. María Isabel García Bello
2. Jesús Antonio Somoza López

UCIN

1. Mónica Ceide Vilariño
2. Maria del Carmen Diaz Alvarez
3. Maria Mar Fernández Penoucos
4. Jose Jorge González Vázquez
5. Iván Lago Armas
6. Valentina Rafaela Amate López
7. Marcos Otero Arias
8. José Antonio Durán Gómez
9. Daniela Orosa Amador
10. Alfonso Hortas López
11. Araceli Vázquez Vázquez
12. José Flores Real
13. Khadija El Mottaqi Lafrykh
14. Juan Ignacio Méndez Rielo
15. María Elena Rodríguez Ares
16. Javier Fernández Pérez
17. Paz González Rodríguez
18. Julio Fernando Ceide Ocampo
19. Clotilde Arcos González
20. Pablo Pereira Vas
21. Sandra Amador Oliva
22. Gonzalo Jiménez Alba
23. Dolores Perol Barreiro
24. Óscar Pérez Fernández
25. Ana María Vilariño Paz
Suplentes
1. Felipe Santiago Rivera Jove
2. María Luisa Fernández Penoucos

VOX

1. Sonia Maria Teijeiro Perez
2. Jorge Juan Nuñez Diaz
3. Jose Ramon Melchor Diaz
4. Noelia Rabanal Gonzalez
5. Ana Belen Rego Sampedro
6. Luis Felipe Barrado Rodero
7. Ramiro Lopez Lopez
8. Jacobo Gayoso Rodriguez
9. Maria Esther Mazaira Regal
10. Georgina Garcia Mendez
11. Daniel Adolfo Gonzalez Gonzalez-Moral
12. Elisa Victoria Navarro Alvarez
13. Maria Victoria Bocanegra Buisan
14. Jose Luis Francisco Ovejero Ruiz
15. Veronica Pena Gomez
16. Alberto Maria Barrado Rodero
17. Jose Luis Lopez Fraga
18. Jose Luis Rodriguez Diaz
19. Montserrat Vera Castañé
20. Nadia Sohaei Moreda Perez
21. Carlos Lopez Fernandez
22. Ismael Abad Pelaez
23. Jairo Rojo Vilanova
24. Maria Jose Gonzalez Antolin
25. Marta Pin Fernandez
Suplentes
1. Alex Boigues Leon