Skip to main content
Lugo

O saxofonista Wayne Escoffery actúa este sábado en Lugo no Festival de Jazz

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

O saxofonista Wayne Escoffery, gañador dun Grammy, actúa este sábado 27 de maio co seu cuarteto no Club Clavicembalo. O concerto forma parte do ciclo Camiño ao XXXIII Festival de Jazz de Lugo.

Wayne Scoffery é un dos saxofonistas máis talentosos da súa xeración. Estudou na Hartt School coa lenda do saxofón Jackie McLean, e máis tarde no prestixioso Thelonious Monk Institute of Jazz. Conseguiu un dos postos máis cobizados do jazz: primeira liña no quinteto de Tom Harrell, mestre de trompeta co que percorreu o mundo e gravou sete discos. Ao longo dos anos gravou e tocou con grandes do jazz como Ron Carter, Herbie Hancock, Jimmy Cobb, Abdulah Ibrahim, Eric Reed e Al Foster, entre outros.

Adóitase dicir que as grandes mentes pensan igual, pero as grandes bandas logran algo aínda máis alquímico e iso é o que pasa con este cuarteto.

Críticos especializados cualificaron a técnica de Escoffery como “excelente” e o seu son como “unha mestura contemporánea de influencias de Coltrane, Shorter e Henderson”.

Unha das grandes figuras do jazz mundial, o saxofonista Wayne Escoffery foi gañador en 2014 dun Grammy e do Premio da Crítica da revista Downbeat.