Skip to main content
Lugo

A concellería de Xuventude fomentará un consumo responsable durante o lecer nocturno

Por 27 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Lugo levará a cabo, de xuño a setembro, unha campaña de concienciación a pé de rúa para fomentar un consumo responsable no lecer vacacional da mocidade co obxectivo de reducir os riscos en espazos de ocio nocturno, trátase dunha acción incluída no programa +Xti 2023, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude.

O verán é unha época de lecer e gozar xa que a maioría de mozos e mozas está de vacacións das súas responsabilidades estudantís ou laborais. O consumo de alcol e outras substancias podería verse incrementado, especialmente as fins de semana debido á falta de rutina, o bo tempo e o aumento da socialización, e por iso é importante traballar nun lecer xuvenil saudable no que non todo vire en torno ao consumo.

Por este motivo retomamos un ano máis actuacións preventivas dirixidas a traballar a información e competencias en habilidades para a vida, coas que se pretende preparar aos mozos para facer fronte ás realidades que atopan tanto en situacións cotiás como espazos de lecer xuvenil. Esta campaña complementa e da continuidade, ao labor que a concellería leva facendo durante os meses anteriores no marco da prevención desde o programa +Xti.

Esta iniciativa comeza no mes de xuño, coincidindo coa celebración de Arde Lucus, declarada nesta edición de Interese Turístico Internacional, pero haberá accións nas zonas de ocio nocturno nos meses de xullo, agosto e setembro .

Datas accións ocio nocturno +xti

A primeira será no Arde lucus, o venres 22 e sábado 23 de xuño, de 20:00 a 01:00 horas. Continuarase no centro e zonas del marcha o luns 24 de xullo e luns 14 de agosto con horario de 22:00 a 02:00 horas.

A teceira cita será co Caudal Fest, o venres 15 e sábado 16 de setembro, entre 21:00 a 03:00 horas.