Skip to main content
Navia de Suarna

O PP de Navia presenta a súa candidatura ás municipais

O PP de Navia de Suarna presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, na que mesturan a experiencia da política municipal e a veteranía coa “renovación de xente moza”. Ao acto de presentación asistiu o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro Ourol; o deputado nacional do PP por Lugo, Jaime de Olano; e varios alcaldes e voceiros próximos ao concello.

Raúl Pérez Álava cre no potencial de Navia de Suarna como municipio e defende un proxecto para recuperar asentar a poboación e que “a xente non teña que marchar de Navia. Nese sentido, Pérez explica que na lista “era necesario incorporar caras novas, sobre todo aos mozos, como unha maneira de involucralos co noso Concello para que poidan quedar en Navia a vivir e traballar”.

Ademais, destaca tamén da lista que é “un equipo representativo de todas as parroquias de Navia” polo que saben perfectamente os problemas e as necesidade do municipio. Pérez animou a todos a traballar xuntos para impulsar o territorio e os servizos a todos os veciños e veciñas.

Pola súa banda, Balseiro subliñou a necesidade de que o PP volva a gobernar en no municipio: “Estes últimos anos de políticas socialistas supuxeron un retroceso para Navia de Suarna, pois perderon moita poboación e tamén moitos servizos. Por iso, cremos que a renovación da lista permitiranos acadar uns bos resultados nas eleccións municipais e volver a gobernar, pois o Partido Popular é a clave para que Navia volva a ser referente”.

A CANDIDATURA

  1. Raúl Pérez Álava
  2. María Julia González Losada
  3. Carlos Pérez Rodríguez
  4. Manuel Bermúdez Fernández
  5. Elda Gómez Fernández
  6. Alberto López López
  7. Pablo Romero Pérez

Suplentes

  • José Manuel Ferández Neira
  • Yanira Díaz González
  • Adrián Cadenas González
  • Manuel Díaz Fernández
  • Faustino Pérez Gómez
  • Manuel González Álvarez