Skip to main content
Negueira de Muñiz

Negueira de Muñiz acolle o concerto Rockeando con Ramona Órbita

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

O vindeiro luns 5 de xuño Negueira de Muñíz acolle o concerto Rockeando con Ramona Órbita da man de Pakolas.

A actuación terá lugar ás 12.00 no Centro Social.

Este novo traballo de Pakolas conta e canta a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento.

Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións e a narración, vai saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal  Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc.

Todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que canta por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.