Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Lugares Vivos acollerá diversas actividades e concertos, como o de Abraham Cupeiro o 17 de xuño

Por 30 Maio, 2023Maio 31st, 2023Sin comentarios

Xa están á venda as entradas para asistir ao Lugares Vivos, cun custo de 12 euros, unha iniciativa que se desenvolverá os sábados 10 e 17 de xuño ao redor da Ribeira Sacra a través de rutas, visitas teatralizadas, conversacións relacionadas co territorio e cun enfoque feminino, e concertos en escenarios patrimoniais.

Desde a organización do evento, definen Lugares Vivos como “un conxunto de experiencias artísticas que terán lugar en espazos patrimoniais da Ribeira Sacra e que teñen como obxetivo dar a coñecer o relato deste territorio”.

Este proxecto cultural é un dos seleccionados para recibir os fondos europeos Next Generation, outorgados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través das subvencións Territorio Cultura, que serven para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas.

Programa

  • 10 de xuño: Durante este día, terá lugar unha ruta polo Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, un concerto de María Rodes, unha visita teatralizada ao Castelo Castro Caldelas, unha conversa sobre feminismo con música e o concerto de Sés.
  • 17 de xuño: Durante a xornada, haberá unha ruta con Catuxa Salom e a veciñanza de Vilachá da Pobra do Brollón, poderanse visitar as adegas de Vilachá, haberá música e olaría con Elías González e Abraham Cupeiro, unha visita patrimonial ao Mosteiro de Ferreira de Pantón e un concerto de Margarida Mariño.