Skip to main content
Sober

María Dolores González, veciña de Sober, vén de soprar as velas polo seu 109 aniversario

Por 29 Maio, 2023Sin comentarios

María Dolores González Díaz, máis coñecida como Lola da Pena de Gundivós, e veciña de Sober celebrou o seu 109 aniversario na compaña da súa filla, netos e bisnetos.

Desde o Concello de Sober felicitan a esta muller por ter chegado a esa idade e lembran que no municipio hai dez persoas que pasan dos 100 anos, oito mulleres e dous homes.

Con respecto a Lola, a súa familia defende que se atopa “estupendamente e moi ben coidada”, polo que poderá durar moitos máis anos rodeada da súa xente neste concello da Ribeira Sacra.