Skip to main content

Tal e como confirmaron desde os diferentes partidos, o PSOE e o BNG seguirán a gobernar catro anos máis a Deputación provincial de Lugo por unha diferenza de 170 votos.

Unha mesa en Castro de Rei con 120 votos e outra no barrio de Casás de Lugo, con 50, pecharon actas con reparto diferente ao que se transmitiu ao Ministerio. A esto hai que sumar que unha mesa de Fingoi tardou moito en facer o reconto o que fixo que a espera fose agónica ata o final.

De feito, a día de hoxe, o Ministerio mantén os datos sen correxir polo que oficialmente esta quedaría en mans do PP pero dan por seguro que cando se reúna a Xunta Electoral central, nos próximos días, esta situación mude.

Ao longo do día os reprensentantes políticos anunciaron que farán declaracións sobre esta situación, que mantén o status quo no goberno provincial.