Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

O Club Baloncesto Chantada valora positivamente a tempada despois de ser Campións da Liga EBA no grupo AB

Por 16 Maio, 2023Maio 17th, 2023Sin comentarios

O Club Baloncesto Chantada valora positivamente a súa tempada 2022-2023 despois de conseguir ser campións da Liga EBA no grupo AB ao gañar case todos os partidos que xogaron na primeira volta -só perderon tres-, converténdose en primeiros de grupo e, finalmente, proclamándose campións.

Resaltan que, aínda que perderon os partidos da fase final de ascenso á Leb Plata, que se xogou en Huelva, séntense orgullosos de pelexar con forza e enfrontarse a equipos de alto nivel como o Refitel Básket Lliria.

Con respecto a outros éxitos acadados esta tempada, desde a agrupación deportiva destacan que volveu ao equipo unha figura do baloncesto de Chantada, Carlos Noguerol, que despois de estar varias tempadas xogando na segunda categoría do baloncesto español decidiu volver ao equipo onde se formou para “axudar ao equipo a subir”, explican desde o club.

Tamén comentan que o ambiente no vestiario foi moi bo durante este ano, o que “se viu no campo e fomentou que se conseguiran bos resultados”, argumentan.