Skip to main content
Bóveda

José Manuel Arias, actual rexedor de Bóveda, aposta por potenciar o sector agrogandeiro no vindeiro mandato

O Partido Popular de Bóveda presentou a súa candidatura ás vindeiras eleccións do 28 de maio, encabezada de novo por José Manuel Arias López, que leva desde 1999 gobernando o municipio de maneira ininterrumpida.

Así, na lista vai xente coa “experiencia dos que mellor coñecen o territorio e os problemas dos veciños xunto ás ideas frescas dos mozos e mozas que inician a súa andaina neste equipo de traballo da política local”, explican desde a agrupación política local.

Arias afirma que a candidatura popular de Bóveda é “un equipo firme”, integrado por veteranos eficaces na xestión local, que “son os que mellor coñecen todo o territorio e tamén os problemas a resolver que hai en Bóveda”. O alcaldable popular asegura que a lista integra “caras novas, mozos e mozas”, que aportan ideas e que servirán aos seus veciños ao lado dos veteranos.

Este “equipo firme” ten obxectivos moi claros, entre os que figura o impulso da creación de máis solo industrial e doutras medidas que sigan favorecendo a creación de emprego no municipio e tamén atraendo aínda máis empresas.

O próximo mandato, sinala o alcalde e aspirante a repetir no cargo, ten que ser “o de potenciar ao sector agrogandeiro”. José Manuel Arias anuncia que, se volve a desempeñar a alcaldía, xestionará “a mellora dalgúns servizos municipais”.