Skip to main content
Bóveda

O alcaldable popular de Bóveda, José Manuel Arias, anunciou a ampliación do Servizo de Axuda no Fogar

Por 22 Maio, 2023Sin comentarios

O PP de Bóveda un acto electoral no que o vicepresidente do PP da provincia de Lugo e vicepresidente económico da Xunta de Galicia, Francisco Conde; o titular de Medio Rural, José González, e o secretario xeral do Partido Popular da provincia, Javier Vázquez Nodal; arrouparon ao candidato a repetir na alcaldía, José Manuel Arias.

Á cea asistiron trescentos veciños que viron como o alcaldable popular puxo en valor que o Concello fixo nos últimos anos unha forte aposta polo solo industrial, que deu tan bo resultado que agora é preciso ampliar a dispoñibilidade de terreo para as empresas.

Por iso, Arias ten na súa folla de ruta a adquisición de 90.000 metros cadrados para solo industrial, ao pé da estrada comarcal 546, entre Bóveda e Rubián.

Propostas

Na exposición dos proxectos do seu equipo, Arias prestou atención á posta en marcha do viveiro de empresas que se está a construír. Mentres que, en materia de servizos sociais, o candidato a repetir na Alcaldía anunciou a ampliación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF); para elo incrementan a partida orzamentaria co obxectivo de chegar con este servizo a máis veciños.

Igualmente, anunciou o acondicionamento na capitalidade do municipio dun local para os servizos sociais. O Concello avanzará, segundo explicou Arias, na mellora da eficiencia enerxética. Por un lado, continuando coa renovación de alumeados.

Por outra parte, mediante a instalación de contadores de auga vía radio nos entronques dos ramais de subministro a todos os núcleos; o obxectivo é ter información precisa para tomar as decisións máis adecuadas para unha mellor e máis eficaz xestión do servizo.

Por outro lado, avanzou que o Concello seguirá prestando atención moi especial a Centos Fes, á feira Outrora, aos campamentos e as actividades da Casa da Cultura.