Skip to main content
Carballedo

A escritora e veciña de Carballedo Loli Ameijeiras presentou o seu libro infantil no CEIP Xosé Luis Taboada

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

O libro infantil titulado ‘Faragurilla Maris’ da veciña de Carballedo Loli L. Ameijeiras foi presentado ao alumnado de primaria do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Durante a actividade, léronse varios fragmentos do libro para os nenos e nenas, que despois tiveron que facer un posterior traballo grupal a través do cal puideron coñecer como é o proceso de elaboración dun libro dende que se comeza a escribir ata que chega as estanterías.

Así, os nenos e nenas do colexio compartiron coa escritora e membros da editorial do libro unha xornada na que puideron coñecer a trama do libro e o deseño e confección de elaboración dunha obra.