Skip to main content
Chantada

A finais de maio e principios de xuño, impartiranse xornadas de democratización para maiores de 50 anos en Chantada

Por 2 Maio, 2023Maio 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Chantada acollerá os días 26, 29, 30 e 31 de maio, e o día 1 e 2 de xuño; o programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’, un proxecto de democratización do coñecemento para maiores de 50 anos.

Así, os días 19, 20, 21, 24, 25 e 25 de abril terán lugar unhas xornadas no municipio da Ribeira Sacra para formar a maiores de 50 anos en diversos aspectos.

Para máis información e matrícula, as persoas interesadas poderán achegarse á Casa da Cultura de Chantada, onde terán lugar estas xornadas, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

O programa

O 26 de maio comezarán estas xornadas coa celebración do seminario ‘A Xeografía máis próxima”, de 16.30 a 18.00 horas impartido por Francisco Javier López González, docente da EPS de Enxeñaría, quen tamén impartirá a sesión práctica que leva o mesmo nome, o día 29 de maio de 16.30 a 18.00 horas.

O día 30 de maio, Manuel Andrade Baliño, docente da EPS de Enxeñaría, impartirá o seminario ‘Astronomía nun día solleiro: os reloxos do sol”, de 16.30 a 18.00 horas; e a sesión práctica, na que as persoas participantes aprenderán a construír un reloxo de sol e a usalo, terá lugar o 31 de maio no mesmo horario que o seminario.

Por último, os días 1 e 2 de xuño, Carolina Casal Chico, investigadora da Facultade de Xeografía e Historia impartirá o seminario ‘Museo e Patrimonio Cultural… 90 anos do Museo Provincial de Lugo’, de 16.30 a 18.00 horas o día 1, e o día 2 será a saída do alumnado a coñecer este Museo.