Skip to main content
Chantada

A subdelegada do Goberno en Lugo visitou a feira de Chantada xunto co alcaldable socialista, Mariano Nieves

Por 22 Maio, 2023Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este domingo a feira de Chantada xunto ao candidato socialista á alcadía chantadina, Mariano López Nieves.

Xunto a eles estiveron outros membros da candidatura do PSOE na localidade e o candidato socialista á Alcaldía veciña de Carballedo. A visita á feira acabou, como é costume, comendo o polbo nos postos do mercado gandeiro.

Mariano López Nieves encara a última semana da campaña con forza e convencido de que “a xente quere cambio, e quere un cambio serio e realista”.