Skip to main content
Chantada

Manuel Varela defende que “o PP ten vontade de seguir mellorando Chantada”

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

O PP de Chantada organizou un acto no que Alfonso Rueda apoiou ao candidato popular á Alcaldía, Manuel Varela, quen explica que “o PP ten a vontade de seguir mellorando Chantada fronte ao resto de forzas políticas que só queren acabar coa maioría absoluta dos populares”.

Rueda considera que hai marxe para convencer a máis veciños de que o PP ofrece unha candidatura forte e unida, con ganas de traballar e con vontade de diálogo para que o Concello avance nos próximos anos coa execución de moitos dos proxectos pendentes. “No presente mandato, o Goberno municipal de Chantada caracterizouse por ofrecer estabilidade política e responsabilidade na xestión”, sentenciou.

Pola súa parte, o candidato á alcaldía asegurou que o resto de forzas políticas “só queren acabar coa maioría absoluta do PP” fronte a unha proposta dos populares dirixida a seguir investindo no pobo coa creación de emprego, a ampliación do polígono dos Acivros e co asentamento de novas empresas no casco urbano.

O alcaldable apostará tamén, se vence as eleccións, por consolidar o desenvolvemento turístico e socioeconómico realizado nos últimos anos para ter “un dos cascos históricos mellor conservados da Ribeira Sacra”.