Skip to main content
Chantada

A Fundación Mujeres organiza dous cursos para mulleres no Telecentro de Chantada

Por 28 Maio, 2023Sin comentarios

Os vindeiros martes e mércores, 30 e 31 de maio, terá lugar un curso de manipulación de alimentos e un taller para saber afrontar con éxito unha entrevista de traballo destinado a mulleres desempregadas ou en búsqueda de melloras laborais.

Estes cursos gratuítos, impartidos desde a Fundación Mujeres e coa colaboración do CIM de Chantada, desenvolverase en horario de 10.00 a 13.00 horas no Telecentro de Chantada.

No caso do de manipulación de alimentos, este é preciso para traballar nos sectores da alimentación, da hostalería, nos comedores escolares, etc. Con respecto ao taller, neste orientarase, asesorarase e informarase dos itinerarios personalizados de inserción laboral, así como se capacitará ás mulleres para a mellora da súa empregabilidade e propiciarase o acceso ao emprego a través de procesos de intermediación laboral.