Skip to main content
Folgoso do CourelQuirogaRibas de Sil

Os traballadores de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil poderán formarse en liña grazas aos cursos de ‘O Courel destino y futuro’

Por 22 Maio, 2023Sin comentarios

‘O Courel destino y futuro’ ofrece 25 prazas para autónomos, directivos e traballadores de calquera sector de Pemes de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil para formarse en aspectos que poidan aplicar directamente en tarefas na empresa.

Así, serán en total 20 cursos cunha duración total de 10 horas, en modalidade de teleformación, que versan sobre temas aplicables á xestión comercial, á calidade de servizo ao cliente, á tesourería, a Internet, a técnicas de venda, a envases e embalaxes, a finanzas, a márketing dixital, a medios de pago, ou a control de almacén.

As persoas interesadas en participar destes cursos poderán inscribirse na páxina web de ‘O Courel destino y futuro’ nun ou máis, pero respectarase a orde de inscrición para asignar as prazas. Os cursos iniciaranse o día 30 de maio e finalizarán o 30 de xuño.