Skip to main content
Folgoso do Courel

O grupo político Caurel Vivo denuncia que no Courel están sufrindo fallos de cobertura desde hai días

Por 24 Maio, 2023Maio 25th, 2023Sin comentarios

A agrupación política Caurel Vivo denuncia que no Concello de Folgoso do Courel hai catro días, desde o 20 de maio, están sufrindo fallos de cobertura “no 70% do Concello de Folgoso do Courel”, explican.

Explican que, “tras decenas de chamadas ás compañías móbiles por parte dos veciños, seguemos sen cobertura, unha mostra máis dos servicios tan fráxiles que temos no rural”, denuncian.

Ademais, din que a única resposta que “recibimos foi que hai varios repetidores afectados, repetidores con tecnoloxía desfasada, equipos anticuados e ningunha administración é capaz de facer nada”, sentenzan.