
O colectivo Pía Paxaro organiza para este sábado, 27 de maio, unha xornada para analizar novas especies en floración de orquídeas na Serra do Courel.
As persoas participantes, ademais de descubrir e aprender a diferenciar algunhas das 25 especies de orquídeas que hai na Serra do Courel, tamén coñecerán os hábitats nos que se poden atopar.
A actividade empezará ás 10.00 horas e rematará ás 14.30 horas, tempo no que visitarán lugares do Courel que se poderán fotografar durante a ruta.