Skip to main content
Monforte

A praia fluvial de Monforte ocupará unha superficie de 14.000 metros cadrados, segundo o proxecto

Por 11 Maio, 2023Sin comentarios

Xa está iniciado o expediente de tramitación para a creación dunha área recreativa e unha praia fluvial en Monforte, que vai a ser única en Galicia, tal e como informou o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que o anunciou acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada Fernández.

Tal e como explicou José Tomé, “non hai polo momento ningunha dotación de servizo público de esta índole, nin en dimensións nin en prestacións en Galicia” e o proxecto afectará a unha superficie total de máis de 116.000 metros cadrados, que estará formado por zonas diferenciadas de descanso e lecer, con características tamén diversas para poder abarcar os gustos desiguales dos visitantes e usuarios.

Zonas que se construirán para a praia fluvial

  1. Co fin de elevar a cota da lámina de auga do río para facilitar o baño, proxectarase a construción dunha presa desmontable de aceiro sobre base de formigón cunha altura aproximada sobre a cimentación de 1,20 m. Este azud estará en servicio dende a primavera ata outono e retirarase na época de chuvias para evitar posibles inundacións.
  2. Construirase unha praia fluvial cunha superficie de área que supera os 14.000 m2, 1,4 hectáreas, que terá unha fachada ao río de 280 m de largo e un ancho aproximado de 50 m. Terá varios accesos á zona de baño para poder entrar e saír da auga.
  3. A praia fluvial dividirase en dúas zonas, unha máis axardinada con céspede, pegada á zona de area da praia fluvial, e outra zona con pradeira máis distanciada para zona de paseo e descanso. En ambas zonas conservaranse árbores que xa existen na actualidade e procederase á plantación de outros novos onde sexa necesario. A primeira zona, a axardinada con céspede, contará cunha instalación de rego automático nunha superficie aproximada de 20.000 m2, 2 hectáreas, e a zona de pradeira, terá unha superficie de preto de 48.000 m2, preto de 4,8 hectáreas. Deste xeito as persoas poderán optar por recostarse sobre zona de area ou de herba.
  4. Na zona de actuación construirase un estacionamento para vehículos con capacidade para 366 automóbiles, ademais de prazas adaptadas para persoas con discapacidade, prazas para motocicletas, bicicletas e autobuses. Esta zona será pavimentada con aglomerado asfáltico en quente sobre unha sub-base de zahorra compactada. En todo o seu ámbito plantaranse árbores de crecemento rápido para dar sombra á zona do aparcamento. Contará tamén coas correspondentes instalacións de recollida de augas pluviais. A zona de estacionamento terá unha superficie de 19.000m2, preto de 2 hectáreas.
  5. En todo o ámbito de actuación da área recreativa construiranse paseos peonís que percorrerán o perímetro da mesma, cruzando tamén polo centro. Son paseos de 3 metros de anchura que teñen unha lonxitude de 2.360 metros lineais e unha superficie de algo máis de 8.800 m2, preto dunha hectárea de paseo. Estes paseos contarán con iluminación mediante puntos de luz de tecnoloxía LED situados cada 30 m. aproximadamente.
  6. Dentro do ámbito da área recreativa e pegado ao paseo peatonal, xunto á zona de estacionamento, construirase un parque infantil semellante ao que hai na Compañía ou no Hospital, que terá unha superficie de 1.200 m2 e no que se situarán diversos aparatos para xogos de nenos de distintas idades e con pavimento de caucho, tal e como establece a normativa vixente.
  7. Na planta baixa construirase unha zona de aseos cunha superficie aproximada de 825 m2. Estará situada aproximadamente no centro da zona de actuación entre a zona de baño e a zona de estacionamento e ao lado do parque infantil. Nesta edificación situarase unha cafetería-restaurante ademais de zonas de almacén e aseos para o público en xeral.
  8. Tamén se construirá na planta baixa unha edifición para alemacén e nela situaranse os vehículos e ferramentas necesarios para o mantemento da zona, así como os produtos de limpeza ou abonos que sexan necesarios e terá unha superficie aproximada de 150m2 construídos.
  9. A zona de actuación contará en todo o seu perímetro cun peche de malla electro soldada plastificada de 2 m de alto sobre postes de aceiro, excepto no linde co Río Cabe.
  10. Para manter as boas comunicacións na zona onde se ubique a área recreativa, habilitarase un camiño publico con bo firme que sirva de aceso ás fincas colindantes.

Servizos no plan proxectado

No plan especial e posteriormente, no proxecto construtivo que se elabore, contarase cos servizos necesarios de electricidade, abastecemento, saneamento e telecomunicacións. Estas instalacións conectaranse ás redes xerais existentes establecendo sistemas de bombeo si fose preciso.

Por outra banda, en todo o ámbito de actuación colocaranse diversos elementos de mobiliario urbano, bancos, papeleiras ou fontes, para uso dos usuarios das instalacións.

Tamén se creará un punto de produción de enerxía eléctrica mediante paneis solares fotovoltaicos que se conectarán á rede do complexo e proporcionarán unha boa parte da enerxía eléctrica que se consuma.

Así, José Tomé rematou a súa intervención informando aos medios de comunicación de que “o custe estimado dos traballos técnicos elaborados ata o momento para acometer esta área recreativa e praia fluvial, ascende a 5.023.818,08 euros, o que dá unha boa mostra da importancia da actuación que se vai acometer” e puntualizou que se van a precisar dous permisos, un da Confederación Hidrográfica e outro de Medioambiente ou do Instituto da Paisaxe da Xunta de Galicia.