Skip to main content
Monforte

A Mesa convoca unha concentración en Monforte polo Día das Letras Galegas

Por 15 Maio, 2023Maio 16th, 2023Sin comentarios

A delegación da MESA Pola Normalización Lingüística no sur de Lugo convoca unha concentración en Monforte de Lemos para celebrar o Día das Letras Galegas para “apoiar o noso idioma” que terá lugar na Praza de España de Monforte o 17 de maio ás 12.00 horas.

Así, durante o acto, ademais da concentración de entidades e particulares, o Grupo Tradicional acompañará a iniciativa, así como haberá unha lectura de poemas en galego a cargo da poeta de Pantón, Andrea López Otero, 3º Premio de poesía do certame Lingua para namorar 2023 na categoría B de 20 a 35 anos.

Ademais diso, ás 12.15 horas, a escritora de Sober, Moncha Prieto, autora do libro ‘Alma de barro: Relatos da Ribeira Sacra’, será a encargada de ler o manifesto. E, por último, terá lugar a interpretación e canto do Himno de Galicia como despedida do acto.