Skip to main content
Monforte

Salvemos o Malecón organiza unha nova actividade de limpeza do río Cabe de Monforte

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

O colectivo Salvemos o Malecón organiza para este sábado, 20 de abril, unha actividade para limpar o río Cabe de Monforte desde a Pasarela do Melcón ata a Pasarela da Gardería.

Así, invitan a toda a poboación a participar desta iniciativa que terá lugar a partir das 11.30 horas e que se baseará na recollida de lixo e toalliñas.

Desde a agrupación explican que “é necesario traer botas, guantes, as nosas camisetas postas, que tamén se poderán mercar ese día, e sobre todo vide con gañas de demostrar que queremos un Malecón e un río limpo, sen plásticos e toalliñas”.