Skip to main content
Monforte

As Residencias Land Art acollen catro artistas no Museo Pazo de Tor de Monforte ata xuño

Por 26 Maio, 2023Maio 27th, 2023Sin comentarios

O Museo Pazo de Tor de Monforte acolle as Residencias Land Art de creación comunitaria promovidas pola Rede Museística Provincial de Lugo e organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Estas residencias durarán ata o 1 de xuño e acollen a catro artistas do panorama artístico actual: Lois Cid, Rosa Neutro, Alberto Oderiz e Verónica Vicente.

Este ano o escenario principal e o gran protagonista será o espazo natural que abraza e arroupa o Pazo, onde se poderá seguir de preto procesos e conceptos artísticos ligados ás prácticas artísticas do Land Art, unha corrente onde se enlazan creación e natureza.