Skip to main content
Monforte

O BNG de Monforte edita o seu programa electoral para ofrecer unha versión de lectura fácil para todas as persoas

Por 26 Maio, 2023Maio 27th, 2023Sin comentarios

Emilio Sánchez, candidato á Alcaldía de Monforte, defende que “ou se goberna para todos ou non se pode gobernar para ninguén”

O BNG de Monforte edita o seu programa electoral deseñando nunha versión de lectura fácil para “achegar a política a todas as persoas en igualdade de condicións”, explica o alcaldable nacionalista, Emilio Sánchez.

Así, explica que “ou se goberna para todos ou non se pode gobernar para ninguén e unha maneira de gobernar para todos é facérmonos entender por todos”. Así, argumenta que no BNG “cremos que a participación cidadá é o máis importante en política, polo que todas as persoas deben ter acceso á información para votar en conciencia, e para iso é fundamental entender os programas electorais”.

Destacan que este novo programa electoral está pensado para persoas con diversidade funcional, maiores, migrantes, o veciñanza con baixa comprensión lectora, “xa que teñen os mesmos dereitos que calquera outra a acceder á información, a pesar de non ter sempre as mesmas oportunidades”.

Método utilizado para adaptar o programa electoral

A elaboración deste programa de lectura fácil contou coa axuda dunha persoa con titulación específica e coa colaboración de veciños con diversidade funcional.

Así, expplican que esta tarde presentarán o programa do BNG local neste formato: “Levarémolo e explicarémolo a diversas asociacións e entidades do concello, para resolver calquera dúbida. Ademais enviarase a calquera persoa ou entidade que o solicite, tanto en formato dixital como en formato físico”.