Skip to main content
Monforte

A Pladesapu denuncia que falta persoal no servizo de dixestivo do hospital de Monforte

Por 29 Maio, 2023Sin comentarios

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) de Monforte denuncia o estado “de total abandono no que se atopa o servizo de dixestivo do hospital comarcal”.

Hai unhas semanas, esta plataforma denunciaban a falta dun monitor para o control das constantes vitais durante as endoscopias, pero agora explican que “a falta é aínda máis grave, pois trátase do facultativo do servizo, xa que a médica que estaba a realizar este traballo atópase de baixa”.

Así, explican que “lonxe do aumento do plantel de médicos que a xerencia prometeu para o mes de maio, o certo é que pechamos o mes igual de mal que o ano anterior, sen médico para realizar as endoscopias e con listas de espera interminables, incluso para os pacientes urxentes, pois a Plataforma ten testemuños de doentes esperando dende marzo a pesar de ser citados por vía rápida”. argumentan.

Desta maneira, a Plataforma invita aos usuarios a seguir poñendo reclamacións, tanto polo servizo de rehabilitación, “sen médico dende hai case medio ano”, como no caso de dixestivo, “que se ve que vai polo mesmo camiño”, denuncian.

Así, lembran que “se necesitan asesoramento sempre hai membros da Plataforma de 17.00 a 18.00 horas os mércores na sala 1 da Uned, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos, ou a través das redes sociais.