Skip to main content
Pantón

Segredos de Pantón organiza unha ruta polo Val de Lemos da zona de Pantón o vindeiro 21 de maio

Por 14 Maio, 2023Maio 15th, 2023Sin comentarios

O colectivo Segredos de Pantón organiza unha ruta baixo o nome de ‘Coñecendo o noso val de Lemos’ o vindeiro domingo 21 de maio a partir das 16.00 horas, que conta con 30 prazas para as persoas interesadas.

Cun custo de dous euros por persoa, nesta ruta os participantes percorrerán a contorna do val do Lemos no Concello de Pantón. Así, visitarán o muíño dos Eireos, a igrexa de San Mamede de Mañente, o monte da Picota, uns antigos muíños no río Carabelos, e os pasares do Paso do Salgueiro.

Nesta ruta de nove quilómetros, desde o colectivo aconsellan levar botas e pantalón longo, asñi como auga e algo para comer.

Para participar, poderase reservar praza a través das redes sociais ou a través do número 662 669 223.