Skip to main content
A Pobra do Brollón

A parroquia de Fornelas, na Pobra do Brollón, acollerá unha nova sesión de Foliadas Guímaras

Por 11 Maio, 2023Maio 12th, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón organiza este venres, 12 de maio, unha nova sesión de Foliadas Guímaras para inaugurar o novo local social de Fornelas.

O evento, que comezará ás 20.30 horas, contará coa actuación de Lideira e as persoas que participen poderán desfrutar de bebidas en barra e caldo, polo que terán que traer cunca e culler.

Ademais de mostrar a tradición guímara aos distintos veciños das parroquias da Pobra do Brollón o pasado guímaro, que desde o Concello queren recuperar, otra dos obxectivos desta actividade é promocionar as festas da parroquia de Fornelas, polo que se habilitará un punto de venda de camisetas.

No evento, ademais, actuará o grupo Lideira, trío de percusións, ventos e voz formado por Gabi Reboredo, Amelia Ónega e Lois Prado. Dende as súas extensas experiencias musicais vencelladas á tradición oral, achegarán unha proposta chea de sensibilidade que será unha antesala de luxo para abrir a foliada.