Skip to main content
Quiroga

A XXIII Mostra do Aceite de Quiroga celebrarase mañá nas Farrapas, en Bendilló

Por 13 Maio, 2023Maio 15th, 2023Sin comentarios

Este domingo, 14 de maio, terá lugar en Quiroga a XXIII Mostra do Aceite nas Farrapas, en Bendilló, que contará con cinco olivicultores aos que se lles esixe contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga e Pedro Soto Losada son os olivicultores que poñerán á venda o Aceite de Oliva Virxe Extra de Quiroga, que xunto coa recreación da elaboración tradicional no muíño serán os puntos centrais desta xuntanza.

Programa

O programa da Mostra comezará ás 11.30 horas coa posta en marcha do muíño de aceite de Bendilló e o comezo da demostración da elaboración tradicional do aceite, que durará todo o día, ademais da apertura dos postos de venda de aceite e produtos típicos.

Ao longo da xornada proxectarase na Capela das Farrapas o proceso de elaboracion do aceite e a mostra, desde a apertura ás 11.30 horas; e en concreto ás 12.00 horas comezará a actuación do Grupo de Gaitas ‘O Recanto’ no recinto da feira.

Xa ás 13.00 horas actuarán os Grupos de Danza ‘San Martiño’ e ‘Arume da Queiruga’, e o Grupo de Gaitas ‘O Recanto’.