Skip to main content
Quiroga

O grupo de gaitas O Recanto actuará en Quiroga polo Día das Letras Galegas

Por 16 Maio, 2023Sin comentarios

No Día das Letras Galegas, o Concello de Quiroga ten organizados diversos actos durante a xornada do 17 de maio, que comezará coa recepción dos colectivos culturais do municipio e a entrega de premios aos gañadores do certame de narración e debuxo Letras Galegas ás 13.00 horas.

Tamén pola mañá, o grupo de música tradicional con gaitas “O Recanto” actuará diante da casa consistorial unha vez remate a recepción.

Pola tarde, a partir das oito na casa da cultura representarase a obra de teatro infantil “Unha de Piratas”, a cargo da asociación cultural Os Carballiños. Este espectáculo de cancións, teatro e monicreques terá como protagonista un neno ao que lle gustan as aventuras e que descubrirá que o seu maior tesouro son os seus libros e a súa imaxinación.

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura que ofrecen as bibliotecas públicas, “Ler conta Moito”.