Skip to main content
Quiroga

Máis de 700.000 euros destinaranse a rehabilitar edificios de uso residencial e a urbanizar espazos públicos en Quiroga

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

O goberno local de Quiroga firmou un convenio para impulsar medidas de eficiencia enerxética coa Xunta de Galicia para levar a cabo actuacións de rehabilitación a nivel de barrio.

O investimento subvencionable é de 710.137 euros, dos máis altos dos concedidos na provincia de Lugo, que servirán para financiar a realización conxunta de obras e actuacións de rehabilitación en edificios de uso residencial e a urbanización en espazos públicos. Destes máis de 710.000 euros, 509.487 euros irán destinados á rehabilitación de vivendas (o proxecto estima que serán 27 as vivendas que se acollan a este plan dentro do casco urbano de Quiroga), 70.000 euros á rexeneración urbana e 130.650 euros para a oficina de rehabilitación.

A Xunta transfire estas axudas, procedentes de fondos europeos, ás entidades locais, que serán as encargadas de xestionar as actuacións por dúas vías diferentes. Un dos criterios polos que se outorgan estas axudas é por ter cumpridos a práctica totalidade dos obxectivos das oito axudas de Rehabilitación (ARI) concedidos anteriormente. E, por outra, os propios concellos poderán recibir incentivos para promover obras de urbanización e mellora do entorno físico nestes barrios.

A través da convocatoria de axudas para particulares, cada beneficiario poderá recibir ata un máximo de 29.500 euros para reducir polo menos un 30% o consumo enerxético da súa vivenda, contía que se incrementará noutros 12.000 euros se hai que retirar amianto (uralitas).

Para poder optar a estas axudas que rematarían en xuño do 2026, as vivendas deberán estar construídas ante do ano 2000 e ter polomenos o 50% da súa superficie dedicada a uso residencial.