Skip to main content
Quiroga

O grupo socialista de Quiroga defende que Vicente Parra “é a única alternativa real e fiable para Quiroga”

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

Desde o PSOE de Quiroga defenden que Vicente Parra “é a única alternativa real e fiable para que Quiroga recupere a paz social e a recuperación económica e laboral”.

Así, defenden que “posúe todas as cualidades e aptitudes precisas para que o cambio sexa unha realidade, no que a base innegociable do noso goberno será o diálogo e a igualdade de oportunidades para todos os veciños”.

Desde a agrupación socialista quixeron apuntar a que o alcaldable “é o único candidato que xa foi alcalde, e coñece perfectamente como xestionar eficazmente un concello coma o noso, ten unha preparación e unha capacidade de emprendemento e facer cousas novas envidiable, coñece a sociedade quiroguesa e os seus innumerables problemas porque leva oito anos loitando polos dereitos de todos dende a oposición no noso concello, e fala cos veciños tódolos días, co cal coñece as necesidades non sólo a nivel colectivo senón tamén a título individual”, argumentan.

Ademais, sosteñen que Parra “é unha persoa afable, extrovertida, alegre, próxima, ninguén que o coñeza de verdade pode poñer un pero ao seu compromiso con Quiroga e os quirogueses”, defenden desde o partido.

Tamén destacan o carisma de líder e a enerxía e as ganas de traballar do grupo que o acompaña. “Podemos sacar como conclusión e sen risco a equivocarnos que o mellor alcalde vaino ser Vicente”, sentenzan.