Skip to main content
Quiroga

O parque da Praza de España de Quiroga estará pechado ao público durante uns días

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

O parque da Praza España de Quiroga permanecerá pechado ao público durante uns días para poder realizar traballos de mellora sen perigo para os usuarios.

Nestas melloras inclúense retoques no chan de caucho e tamén arranxos nos elementos de ocio infantil existentes e as obras forman parte dos programas de rehabilitación do casco urbano dentro do apartado específico para espazos comúns da zona.

Pero este non é o único espazo de ocio infantil no que se acometerán arranxos, xa que no parque da Igrexa tamén se levarán a cabo melloras, pero dada a súa maior extensión non será preciso pechar todo o recinto, se non soamente aquelas zonas nas que se traballe.