Skip to main content
Quiroga

A parroquia de Parteme volveu quedar pechada aos veciños para botar formigón nunha vía “que estaba ben”

Por 27 Maio, 2023Sin comentarios

Os veciños da parroquia de Parteme, en Quiroga, denuncian que o goberno local do municipio volveu a pecharlles o paso nas rúas da aldea sen previo aviso, polo que tiveron que chamar á Guardia Civil.

O xoves chamaron a Santiago Morillo, da Asociación de Veciños de Parteme, para avisarlle de que estaban facendo obras, pero non lles avisaron de que ían pechar o paso para que entrase a xente. Pero ademais, tamén denuncian que botaron asfalto “onde xa estaba ben”, remarca Morillo. Ademais, denuncia que o camión que levaba o formigón entrou na súa finca e “fastidiou o meu céspede” ao meterse nunha finca privada.

Así, Morillo di que “o actual alcalde ten como obxectivo facer o máximo dano á Asociación de Veciños de Parteme e á parroquia de Parteme” e sostén “é incrible que pasen estas cousas a dous días das eleccións e que use o diñeiro público para botar formigón en zonas que non o necesitaban”.