Skip to main content
O Saviñao

Unha veciña de Pantón presentou o seu libro ‘Crónicas de Vánusum’ no Círculo Saviñao

Por 29 Maio, 2023Sin comentarios

O Círculo do Saviñao acolleu a presentación do primeiro libro de Andrea López Otero, enxeñeira aeronáutica e aeroespacial, baixo o título de ‘Crónicas de Vánusum I. El reino de los reinos’, unha novela xuvenil de xénero fantástico.

Andrea contou a socios e amigos presentes como naceu o libro e como foi fabulando historias e personaxes, moitas veces recollendo nomes e características de amigos dos seus centros de ensino, o colexio Monte Baliño de Pantón e o IES A Pinguela de Monforte.

Ademais, adiantou que está traballando nun segundo tomo das Crónicas de Vánusum, que posiblemente se edite tamén en Círculo Rojo, “con máis maxia, amizade, amor, traición e superación nun mundo onde nada é imposible”, sostivo.

O presidente do Círculo Saviñao lembrou cando coñeceu a Andrea en 1º ESO e dalgunhas iniciativas nas que colaboraron durante os seus anos de instituto ata que rematou Bacharelato, polo que non estaba a presentar só a unha escritora e exalumna “senón tamén a unha amiga”, sosteñen desde o Círculo Saviñao.