Skip to main content
Sober

Sober acollerá unha charla-coloquio sobre a clasificación dos viños por paraxe e parcela no D.O. Bierzo

Esta tarde, a partir das 19.30 horas, terá lugar unha charla-coloquio sobre ‘A clasificación dos viños por paraxe e parcela na D.O. Bierzo’ no Centro Sociocultural de Sober.

Da man de Carmen Gómez, a directora técnica da Denominación de Orixe do Bierzo, falarase sobre a producción dos diferentes viños nesta zona achegada á Ribeira Sacra.

Por outra banda, tamén terá lugar a presentación do libro ‘A marabillosa historia do viño en Galicia’ de Luis Congil.

Por último, ao final destas dúas actividades, os asistentes poderán desfrutar dunha cata dos viños gañadores na XLIII Feira do Viño de Amandi deste ano.