Skip to main content
Sober

O Concello de Sober organiza a campaña de vacinación contra a rabia, identificación e desparasitación canina

Por 17 Maio, 2023Sin comentarios

O vindeiro 19 de maio comeza a campaña de vacinación da Rabia, identificación e desparasitación canina de 2023 no Concello de Sober.

Esta campaña voluntaria farase casa por casa, xa que está prohibida a concentración de cans. Por iso, os interesados deberán chamar ao veterinario Xosé Tomé no número 689 10 35 94 o día que se efectúe a vacinación na parroquia na que viva o interesado.

O prezo da vacina da rabia é de 15 euros, mentres que a implantación do chip máis o pasaporte oficial asociado (cartilla) ascende a 33 euros.

Os lugares nos que terá lugar esta vacinación, en horario de mañá serán:

  • 19 de maio: Canaval, Vilaescura, Rosende e Millán
  • 23 de maio: Refoxo, Sober, Proendos e Liñarán
  • 25 de maio: Anillo S.E.e Anillo S.M.
  • 29 de maio: Santiorxo, Pinol e Lobios
  • 30 de maio: Gundivós
  • 31 de maio: Figueroá, Bolmente e Barantes
  • 1 de xuño: Amandi e Doade
  • 5 de xuño: Bulso e Santa Cruz
  • 7 de xuño: Neiras