
María Dolores González Díaz, máis coñecida como Lola da Pena de Gundivós, e veciña de Sober celebrou o seu 109 aniversario na compaña da súa filla, netos e bisnetos.
Desde o Concello de Sober felicitan a esta muller por ter chegado a esa idade e lembran que no municipio hai dez persoas que pasan dos 100 anos, oito mulleres e dous homes.
Con respecto a Lola, a súa familia defende que se atopa “estupendamente e moi ben coidada”, polo que poderá durar moitos máis anos rodeada da súa xente neste concello da Ribeira Sacra.