
A Asociación Novas Festas de Taboada organiza para este venres, 19 de maio, a Festa dos Papeiros que terá lugar en Taboada.
Neste evento haberá unha paella popular cun custo de 15 euros cuxos tíckets terán que mercarse no Bar Rian, na Cafetería Santa Lucía ou na Parrillada San Martiño.
Ademais da comida, a iniciativa contará coa orquestra Olympus e o dúo Carpe Diem.